![]() |
| DJAMOLIDINE ABDOUJAPAROV |
Antes de pasar ao ciclismo profesional, Abdoujaparov obtivo bos resultados nas categorias inferiores, chegando a proclamarse campión en ruta da Unión Soviética. Foi 5º na proba de ruta dos Xogos Olimpicos de 1988.
Pola súa velocidade e ser tan feroz nos sprint, tamén lle chamaban o terror de Tashkent.
Era famoso polo seu agresivo estilo de esprintar, e por mover excesivamente a súa bicicleta, co que conseguiu uns cantos inimigos no pelotón e máis dunha caida.
Tras a indepencencia de Uzbekistán e ao non estár afiliada á UCI, fichou por un equipo de profesionais accidental e se convertiu nun dos velocistas máis importantes do mundo.
Foi o máis famoso na loita con Laurent Jalabert no Tour de Francia pola camisola verde da regularidade na decada dos 90. En 1991 gañou o premio a pesar dun espectacular accidente durante o sprint final nos Campos Eliseos de Paris. Onde a falta de cen metros a meta, ao estrelarse contra un boneco publicitario, saltando polo aire. A pesar que tiña os puntos suficientes para gañar a camisola dos puntos. Membros do seu equipo o levantarón, póndolle de novo sobre a bicicleta, para que cruzase a linea de meta, o persoal médico camiñou xunto a él.
Con Eddy Merckx, Alessandro Petacchi e Laurent Jalavert, Abdaujaparov son dos unicos ciclistas que gañaron etapas nas tres grandes Voltas.
PALMARES: 1991.- dúas etapas do Tour de Francia e a clasificación por puntos. Dúas etapas da Volta a Murcia. A Gante-Wevelgem. Unha etapa da Volta a Cataluña e o Xiro do Piamonte.
1992.- Catro etapas da Volta a España e a clasificación por puntos. Dúas etapas da Volta a Valencia.
1993.- Tres etapas do Tour de Francia e a clasificación por puntos. Tres etapas da Volta a España e unha etapa da Volta a Suiza.
1994.- A Polynormande. Memorial Rik Van Steenbergen. Dúas etapas do Tour de Francia e a clasificación por puntos. Dúas etapas da Paris-Niza. Dúas etapas da Volta aos Paises Baixos e unha etapa do Xiro de Italia e clasificación por puntos.
1995.- Unha etapa do Tour de Francia.
1996.- Unha etapa do Tour de Francia. Unha etapa da Volta a Murcia e unha etapa da Tirreno-Adriatico.
1997.- Dúas etapas da Dauphiné Libéré. O Tour de I´Oise e A Côte Picarde.
EQUIPOS NOS QUE PARTICIPOU: 1990 Alfa-Lum. 1991-1992.- Carreira. 1993.- Lampre. 1994.- Polti. 1995.- Novell. 1996.- Ceramiche Refin e 1997.- Lotto.


0 comentarios:
Publicar un comentario en la entrada