jueves 6 de octubre de 2011

LANCE ARMSTRONG.

Lance Armstrong en 2005, cuando
gano su septimo Tour de Francia.
 Lance Armstrong, nado o 18 de septembro de 1971 en Plano, Texas, foi un ciclista norteamericano. É especialmente coñecido por, despois de ter superado un cancro de testículos (diagnosticado en 1996),  ser o único ciclista do mundo en gañar 7 Tour de Francia. Fíxoo de forma consecutiva (dende 1999 ata 2005).
A sua traxectoria comenzou a competir xa á idade de 14 anos como triatleta, pero pronto fixose evidente que o seu destino estaba no ciclismo. Con so 17 anos, foi invitado polo Equipo Ciclista Xubenil dos EEUU, co que abandonou a súa cidade natal.
En 1991, Armstrong gañou o Campionato Amateur dos Estados Unidos; ó ano seguinte, fixose profesional. Foi o último na súa primeira carreira ciclista, a Clásica de San Sebastián. Tan só un ano máis tarde, convertiuse no Campión do Mundo en estrada en Oslo (Noruega).
Entre 1993 e 1995, Armstrong gañou varias etapas no Tour de Francia e varias carreiras de un só día.
Pero 1996 foi un ano de verdadeiros fracasos para él, tanto no Tour coma nos Xogos Olímpicos.
O 2 de outubro de ese mismo ano, diagnosticáronlle tres cancros nos testículos que xa crearan metástase, estendéndose cara ós pulmóns e o cerebro. As súas probabilidades de supervivencia eran inferiores ó corenta por cento (algo que posteriormente desmentiron os propios doutores, pois non ascendían a máis do 3%).
Como consecuencia desta enfermidade, a Lance Armstrong houbéronlle de extirpa-lo testículo dereito, solucionar dúas lesións cerebrais e someter a un tratamento de quimioterapia.
LANCE ARMTRONG
 Este último foi máis suave do habitual para permitir unha eventual continuación da súa carreira ciclista en caso de recuperación.
E esta produciuse cedo. Armstrong volveu ó ciclismo co equipo ciclista United State Postal Sevice e quedou de cuarto na Volta a España no ano 1998.
En 1999, Armstrong gaña o seu primeiro Tour de Francia. A este seguíronlle seis triunfos máis, na maior parte dos cales superou en máis de seis minutos ó segundo. Só en 2003 correu un verdadeiro risco, pois Jan Ullrich amenazou a súa vitoria ata o último momento (de feito, ó final a diferenza entre ambos era escasamente superior ó minuto.
Lance Armstrong é especialmente coñecido por terse centrado todo o ano no Tour de Francia, levando a cabo continuos adestramentos non só en Estados Unidos senón tamén en España ou nos escenarios da carreira en Francia.
Lance Armstrong ten un corpo especialmente adecuado para a práctica do ciclismo. O seu elevadisimo nivel de resistencia aeróbica permitiulle manter unha cadencia próxima ás 120 pedaladas por minuto. Isto dá lugar a que a súa velocidade se deba ó número de pedaladas e non á forza que lle imprime a cada unha, co que consegue mellores resultados con menor fatiga ca outros campións.
O corazón de Armstrong é un 30% máis grande cá media; cando esta en repouso, dá entre 32 e 34 latidos
El podio del Tour de Francia de 2009, ocupando la 3ª plaza.
por minuto; nun momento de máximo esforzo, pode chegar ás 201 pulsacións por minuto. A súa acumulacuón de ácido láctico é de 6uL/Kg. (cando o normal entre ciclistas é situarse entre 12 e 20). Como resultado disto, Armstrong sente menos fatiga tras un exercicio prolongado.
Un dos factores máis importantes dentro do éxito de Lance Armstrong foi o seu equipo. Por un lado, Johan Bruyneel, o seu director, organizou tódalas preparacións do ciclista de cara ó Tour de Francia e axudouno durante as súas sete vitorias. Por outro, os demais corredores do equipo adícaronse unicamente á súa vitoria e supuxeron, ó longo dos sete Tours de Armstrong, un grande apoio pa él.
Lance Armstrong, como ciclista, non se librou de numerosas acusacións de dopaxe. El sempre afirmou que era o ciclista que máis controis se lle facian e dixo que as acusacións non se debían máis que a envexa polos seus trunfos.
A Armstrong nunca se lle atoparon substancias dopantes en ningún control de ningunha carreira ciclista. Só en 1999 os seus niveis dunha destas substancias superaban o normal, pero non eran suficientes para formalizar unha acusación. En 2005, o periódico frances L´Équipe dixo basearse en probas da Unión Ciclista Internacional para afirmar que Armstrong se dopaba; como resposta, este decidiu volver ó ciclismo
Lance Armstron, finalizando al Marathon de Boston (E.E.U.U.).
2008
(xa pretendera retirarse en 2005) e correr o Tour de 2006 para fastidiar os franceses.
Lance Armstrong casou con Kristin Richard en maio de 1998 e tiveron tres fillos: Luke (nado en outubro de 1999) e as xemelgas Isabelle e Grace (nadas en novembro de 2001). En setembro de 2003, divorciouse.
Despois disto, Armstrong tivo un romance con Sheryl Crow. A súa relación anunciouse en xaneiro de 2004; o seu compromiso, en setembro de 2005; a súa ruptura, en febreiro de 2006.
Fóra do ciclismo, é coñecido tamén por ter creado a Fundación Lance Armstrong para apoio ós enfermos de cancro. Unha das iniciativas máis famosas desta fundación foron as pulseiras amarelas Livestrong, coas que obtiveron decenas de millóns de dólares que destinaron á loita contra a enfermidade.
PALMARES
1993.- Campionato do Mundo. Campionato dos Estados Unidos. Oitava etapa do Tour de Francia. Tou de America (clasificación xeral). Volta Ciclista a Galicia. Trophée Laigueglia. Unha etapa da Volta a Suiza. Kmart West Virginia Classic (clasificación xeral e dúas etapas) y la Thrift Drug Classic.
1994.- Thrift Drug Classic e unha etapa do Tour DuPont.
1995.- Etapa 18º do Tour de Francia. Clásica de San Sebastián. Quinta etapa da Paris-Niza. Tour DuPont (clasiciación xeral e 3 etapas). Kmart West Virginia Classic (clasificación xeral e unha etapa) e ha clasificación xeral do Tour of America.
1996.- Tour DuPont (clasificacion xeral e 5 etapas) e a Frecha Valona.
1998.- Rheinland-Pfalz Rundfahrt (clasificacion xeral). Tour de Luxemburgo (clasificación xeral e unha etapa) e ha Cascade Classic.
1999.- Tour de Francia (clasificación xeral e 4 etapas; o seu primeiro Tour). Prólogo da Dauphiné Liberé. Route du Sud (catro etapas) e Circuit de la Sarthe (cuarta etapas).
2000.- Tour de Francia (clasificacion xeral e 1 etapa; segundo tour). GP des Nations. GP Eddy Merckx. Terceira etapa da Dauphiné Libéré e ha Medalla de bronce nos Xogos Olímpicos de Sydney en contrarreloxo masculina.
2001.- Tour de Francia (clasificacion xeral e 4 etapas; terceiro Tour). e Tour de Suiza (clasificación xeral e 2 etapas).
2002.- Tour de Francia (clasificación xeral e 4 etapas; cuarto Tour). Sexta etapa da Dauphiné Libéré e GP du Midi-Libre.
2003.- Tour de Francia (clasificación xeral, 1 etapa, contrarreloxo por equipos; quinto Tour) e ha clasificación xeral da Dauphiné Libéré máis a terceira etapa.
2004.- Tour de Francia (clasificación xeral, 5 etapas, contrarreloxo por equipos; sexto Tour). Tour de Georgia (clasificación xeral, 2 etapas). Quinta etapa do Tour du Languedoc-Roussillon e ha cuarta etapa da Volta ao Algarve.
2005.- Tour de Francia (clasificación xeral, 3 etapas, contra rreloxo por equipos; septimo Tour).
EQUIPOS
1991-1992.- Equipo Nacional dos Estados Unidos.
1992-1996.- Motorola.
1997.- Cofidis.
1998-2002.- US Postal Service.
2003-2004.- US Postal Service presented by Berry Floor.
2005.- Discovery Channel Pro Cycling Team.
2009.- Astaná.
2010.- Team RadioShack.

0 comentarios:

Publicar un comentario en la entrada